A Xunta patrocina a festa do 25 aniversario do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo

Lugo, 17 de novembro de 2023

A Xunta de Galicia patrocina a festa de celebración do 25 aniversario do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, que terá lugar no recinto o venres día 24 a partir das 19.00 horas.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o xerente do Pazo de Feiras, Rubén López, presentaron hoxe o cartel, coa actuación das orquestras París de Noia e Trebol, a Disco Móvil Hermo e o DJ Marcos Peón. O evento é gratuíto e está aberto a todas as persoas interesadas ata completar aforo; enviáronse invitacións expresamente aos centros socioculturais e residencias de maiores para que se acheguen a desfrutar da verbena.

A música porá o broche de ouro aos actos de conmemoración, que inclúen tamén unha mesa redonda sobre o labor dinamizador do Pazo de Feiras neste cuarto de século, ou unha comida coas persoas que ao longo do tempo formaron parte do Padroado que o xestiona.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/11/2023