Lorenzana avalía con APE Galicia novas medidas para impulsar a competitividade do sector comercial

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2023

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro co presidente da Asociación Intersectorial e Interterritorial de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE Galicia), José Ramón Caldas, no que avaliaron novas medidas para seguir colaborando no impulso á competitividade das pemes comerciais.

Así, tratáronse diferentes aspectos do futuro plan estratéxico que se está a elaborar para este sector e subliñouse a importancia de desenvolver iniciativas no eido da formación para apoiar a transición dixital do comercio galego.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/11/2023