Os clubs de Vigo infórmanse sobre o Bono Deporte que entrará en funcionamento en 2024 para axudas ás familias nos gastos dos seus fillos

En total foron 59 os clubs que acudiron á reunión informativa na que o secretario xeral para o Deporte explicou os pormenores da campaña

Vigo, 15 de novembro de 2023

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, vén de manter unha reunión informativa cos clubs e entidades deportivas de Vigo e a súa área sobre as particularidades do Bono Deporte que entrará en funcionamento no mes de xaneiro de 2024 para axudar ás familias nos gastos derivados da práctica deportiva dos nenos en nenas de 6 a 16 anos federados ou do programa XOGADE. Segundo o mandatario galego, o bono afonda nas políticas públicas de soporte ao deporte de base que, en Galicia, teñen como medida estrela o seguro deportivo gratuíto para os nenos en idade escolar obrigatoria. 

En total serán 120 euros por neno ou nena para a adquisición de material e equipamento deportivo ou a realización de actividades deportivas -a través dun desconto do 80% de cada compra ata esgotar os 120 euros-. Este gasto poderá realizarse en establecementos comerciais, entidades deportivas ou prestatarios de servizos deportivos radicados en Galicia que se adhiran ao Bono. A campaña do Bono Deporte contará cun orzamento global de 16,2 millóns de euros. Cómpre salientar que, para as dúbidas e suxestións existentes acerca do programa existe o enderezo electrónico: bonodeporte@xunta.gal.

En total na xuntanza participaron 59 clubs olívicos: o CD Miralba, Club Deportivo Colexio Mariano, Real Club Celta Atletismo, Club Deportivo do CSCR, Club Bádminton Cíes, Club Rosalía, Club de Baile Deportivo Pasos Bailegalicia, DA Dance Academy Club, Club Balonmán Seis do Nadal, Unión Balonmán Lavadores de Vigo, Club de Billar Manhattan, Xogara, Club Ciclista Vigués , Club Ciclista Rías Baixas, Club Ciclista Teis, Club Ciclista Coruxo, Club Sala Viguesa de Esgrima Antiga, Treboada F.S. de Teis, F.S Bembrive, Club de Fútbol San Miguel, Club Colegio Hogar San Roque, Coruxo FC, Ies Coruxo Fútbol Sala, Club de Fútbol San Miguel, E.D Vigo, Club Peñasco, Club Rápido Pereiro, Club San Roque Casablanca, Alertanavia, Club Pecheches FS, Traviesas Hockey Club, Club Kayak de Vigo, Club Yidam, Helenoskarate, Clube de Montaña Xistra, Grupo Alud de Montaña, Club Natación Vigo Rías Baixas, Sincro Rías Baixas, Náutico Vigo, Federación Galega de Orientación, Club Indalo Patinaje Artístico, C.P.A Coruxo, Club Castrelos Patinaxe Artística, Club de Patinaje Carpa, Club FSV Patinaxe, Bouzas Caiac, Club Piragüismo Olímpico, CR Virxe da Guía, Liceo Marítimo de Bouzas, Cíes Squash, Club de Taekwondo Kae Sport, Exodus Tenis de Mesa, Club Tenis de Mesa, Triatlón Mar de Vigo, CM Canido

Club Vigo Voleibol, Centro Veciñal e Cultural de Valladares e Club Maniotas.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/11/2023