Publicada no Diario Oficial de Galicia a relación de entidades locais beneficiarias desta nova liña de achegas

A Xunta concede axudas a 50 concellos para a mellora da accesibilidade e a supresión de barreiras

Subvenciónanse ata o 80% do custe das actuacións que se fagan en edificacións, insta-lacións, equipamentos ou espazos públicos, cun límite máximo de 48.400 euros por intervención

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2023

A Xunta de Galicia concederá axudas a medio centenar de concellos para mellorar a accesibilidade e a supresión de barreiras nas súas edificacións, instalacións, equipamentos ou espazos públicos. A relación de beneficiarios desta nova liña de subvencións, que conta cun orzamento global de máis de 2 millóns de euros, publicouse onte no Diario Oficial de Galicia (DOG).

 

Esta orde de achegas está dirixida a concellos e a mancomunidades que conten cun censo máximo de 10.000 habitantes. Subvencionase un único proxecto por entidade local e o importe da axuda poderá ser de ata o 80% do seu custo, cun límite máximo de 48.400 euros. Con estes fondos financiaranse actuacións que os concellos executen desde o 1 de xaneiro ao 5 de decembro deste ano 2023.

 

O 100% desta orde de axudas son con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia, financiado pola Unión Europea a través do programa NextGenerationUE.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/11/2023