Voluntarios e maiores poñen o punto e final a unha nova edición de ‘Tu historia de verdad importa’

A Coruña, 14 de novembro de 2023

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu hoxe ao acto de peche da cuarta edición da iniciativa ‘Tu historia de verdad importa’ da Fundación María José Jove. Este programa consiste en que un grupo de voluntarios dedican o seu tempo a descubrir e a escribir as experiencias de persoas maiores.

Esta mañá, na sede da Fundación María José Jove, cada voluntario entregou o libro que escribiu ao maior que o protagoniza. Nesta edición participaron as residencias e entidades DomusVi, Sanitas, Cruz Roja, La Milagrosa e El Pilar de Bergondo.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/11/2023