A Xunta aborda en Santiago con sindicatos, empresas e asociacións a situación do colectivo LGTBI e as actuacións empresariais ao respecto

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2023

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou esta mañá na xornada organizada en Santiago de Compostela para abordar a situación actual, a negociación colectiva e as obrigas empresariais respecto do colectivo LGTBI. Estaban convocados os sindicatos máis representativos, a Confederación de Empresarios de Galicia e as persoas pertencentes ou vinculadas ás asociacións relacionadas co colectivo.

A directora xeral puxo de relevo a necesidade de garantir a igualdade de oportunidades e o respecto á diversidade por identidade sexual e de xénero no ámbito laboral, sinalando que as administracións públicas deben tomar medidas para que o acceso ao mercado de traballo se faga sen atender a estereotipos ou prexuízos. Na xornada -que tamén se pode seguir via streaming- falarase da realidade do colectivo tratando a discriminación, a inclusión e a diversidade; da intervención dos poderes públicos e do papel dos interlocutores sociais. Tamén das obrigas e medidas das empresas, das actuacións da Inspección de Traballo e Seguridade Social, da xestión de recursos humanos e -por último- dos recursos que ofrecen as asociacións.  

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/11/2023