A Xunta busca aos mellores meles de Galicia nunha nova edición da súa cata-concurso

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2023

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, organiza a XXII Cata dos Meles de Galicia, cuxo concurso se desenvolveu hoxe na Aula Gastrocultural do Mercado de Abastos de Santiago coa participación de sete expertos que escollerán os mellores produtos entre 47 mostras.

 

Por outra banda, mañá levarase a cabo a XXVI Cata dos Queixos para resolver cales son os mellores entre as preto de 30 industrias queixerías inscritas con 45 mostras pertencentes á Denominación de Orixe Protexida (DOP) Queixo Tetilla, a DOP Arzúa-Ulloa e a Arzúa-Ulloa Curado, a DOP San Simón da Costa e a DOP Cebreiro e Cebreiro Curado.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/11/2023