O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na presentación do 14º Salón do Automóbil

Gabriel Alén explicou que se desenvolverá no recinto feiral de Expourense a fin de semana do 16 ao 19 de novembro co’ Salón do Vehículo Novo’, e dende o 23 ao 26 de novembro co ‘Salón do Vehículo de Ocasión’

Está organizado de forma conxunta entre Expourense e a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, (ACAUTO), que son os que concorrerán como expositores

O delegado territorial destacou tamén o carácter solidario do evento, que como o ano pasado repítese a colaboración con Cáritas Ourense, entidade que recibirá ao rematar estas citas 15 euros por cada vehículo vendido que será achegada entre Expourense e ACAUTO

Ourense, 13 de novembro de 2023

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá na presentación do ‘14º Salón do Automóbil’ que se desenvolverá no recinto feiral de Expourense a fin de semana do 16 ao 19 de novembro co ’Salón do Vehículo Novo’, e dende o 23 ao 26 de novembro co ‘Salón do Vehículo de Ocasión’.

O delegado territorial explicou que se trata de dúas citas vencelladas cun dos sectores comerciais de maior peso na provincia de Ourense, o da automoción, e que está organizado de forma conxunta entre Expourense e a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, (ACAUTO), que son os que concorrerán como expositores.

Todas as marcas presentes aproveitarán a súa presenza nesta cita para presentar os últimos lanzamentos e os vehículos que se van comercializar de cara a campaña do 2023. En total, participarán 15 empresas representando a 24 marcas que presentarán unha vintena de modelos novos. As marcas representadas son: ABARTH, AUDI, BMW, CITROËN, CUPRA, DACIA, JEEP, KIA, MAZDA, MERCEDES BENZ, MG, NISSAN, OPEL, PEUGEOT, PORSCHE, RENAULT, SEAT, SKODA, TOYOTA, VOLKSWAGEN e VOLVO.

Para Gabriel Alén o obxectivo destas citas é presentar no recinto feiral unha oferta completa e atractiva, que cubra todas as gamas e modelos de vehículos para adaptarse ás necesidades e preferencias dos visitantes. Trátase dun público amplo que poderá consultar nun mesmo espazo e de forma axeitada toda a oferta existente no mercado ourensán, e comparar opcións antes de decidir a compra do seu vehículo.

O representante do Goberno galego destacou tamén o carácter solidario do evento, que como o ano pasado repítese a colaboración con Cáritas Ourense, entidade que recibirá ao rematar estas citas 15 euros por cada vehículo vendido que será achegada entre Expourense e ACAUTO.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/11/2023