Trenor salienta o apoio da Xunta á Galicia Big Waves que terá lugar no Portiño coa chegada das mellores borrascas

A Coruña, 13 de setembro de 2023

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, participou na presentación do Galicia Big Waves que celebrará a súa segunda edición na Coruña e que contará cun importante apoio da Xunta a través de Turismo de Galicia

A celebración da competición dependerá da chegada das mellores borrascas para a rompiente do Portiño, onde 16 dos mellores surfeiros de ondas grandes do mundo daranse cita para proclamar a un equipo campión do Coruña Big Waves 2023. Este ano contarán tamén con participación feminina. Nesta edición será a modalidade de “tow in” a protagonista do evento. O tow in permite aos surfeiros, coa axuda da propulsión dunha moto de auga, entrar en ondas máis grandes e baixalas nunha zona máis crítica polo que a espectacularidade está asegurada.

Trenor subliñou que “o deporte e turismo unidos supoñen beneficios moi importantes para a economía e os eventos deportivos que se celebren na comunidade son o mellor escaparate para promocionar Galicia a nivel internacional”.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/11/2023