Arias traslada ao club Motopark Lugo o apoio da Xunta para a organización de próximas competicións deportivas no circuito Jorge Prado

Lugo, 9 de novembro 2023

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo unha xuntanza de traballo con Martín Pérez e Miguel Deibe, secretario e tesoreiro do Club Motopark de Lugo, na que comprometeu o apoio da Xunta no caso de que o circuíto Jorge Prado volva acoller algunha proba do campionato de España de Motocross ou de nivel internacional.

Neste sentido, Arias gabou “o compromiso da Xunta concretado co apoio de 70.000 euros que permitiu acoller o pasado mes de febreiro unha proba do Campionato de España de Motocross, que foi un verdadeiro éxito ao igual que a temporada de Jorge Prado acadando o campionato do mundo en MXGP”.

“A Xunta de Galicia segue apoiando a todo tipo de clubs e competicións deportivas da provincia, conscientes do importante impacto económico dunha proba destas características na cidade e tamén pola súa repercusión no ámbito nacional e internacional”.

“Agardamos que a este primeiro paso dado pola Xunta se sumen as demais administracións para que Lugo volva a acoller unha proba de máximo nivel”, expuxo o delegado territorial.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/11/2023