A Xunta organiza na Coruña un taller formativo sobre o idadismo no mercado laboral co foco posto na discriminación e a protección da saúde

A Coruña, 9 de novembro de 2023

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe na Coruña na apertura dun taller formativo, no marco da programación do campus de igualdade laboral, centrado no idadismo no mercado de traballo co foco posto na discriminación e a protección da saúde.

En palabras de Mancha, o idadismo é unha forma máis de discriminación laboral, polo que indicou que as administracións públicas están a poñer en marcha mecanismos para loitar contra esta problemática. Neste senso, avogou por que as empresas incorporen ás súas políticas e estratexias de prevención o compromiso de loitar contra as situacións discriminatorias por razón de idade, desde un enfoque positivo da diversidade xeracional que fomente a sustentabilidade do emprego. Neste senso, indicou que contar con perfís diversos nas empresas aceleraran a innovación, xeran mellores produtos e servizos e adáptanse mellor aos cambios.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/11/2023