A delegada territorial de Ferrol aborda coa alcaldesa de Cariño temas prioritarios para o municipio

Ferrol, 9 de novembro de 2023

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta mañá unha reunión coa alcaldesa de Cariño, Ana María López, para coñecer de primeira man as necesidades deste municipio da comarca de Ortegal. O encontro enmárcase na rolda de contactos que a representante do Goberno galego vén mantendo cos rexedores da área territorial.

Durante a reunión, ambas responsables analizaron as principais demandas vinculadas ao mantemento de instalacións deportivas e educativas e outras infraestruturas municipais e avaliaron as posibles vías de colaboración a través das que apoiar a execución dos proxectos.

A este respecto, a delegada territorial lembrou as diferentes liñas de axudas coas que a Xunta colabora cada ano coas entidades locais e que, neste 2023, permitiron o impulso de máis de 600 actuacións en toda Galicia cun investimento de 27,2 millóns de euros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/11/2023