A Xunta participa na presentación dunha guía de atención ao cliente para persoas xordas elaborada por Eroski-Vegalsa e Faxpg

Destaca a importancia deste tipo de iniciativas para avanzar nunha comunicación sen barreiras e tender pontes

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2023

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou hoxe na presentación da Guía de Atención a Clientes para persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva de Eroski-Vegalsa. Esta guía realizouse en colaboración coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg) e conta co apoio da Xunta de Galicia. 

A directora xeral destacou que iniciativas como esta porque son unha aposta decidida por unha comunicación sen barreiras e porque tenden pontes. Neste sentido, sinalou que a Xunta apoia ao 100 % este tipo de accións que xorden da necesaria colaboración entre institucións, empresas e entidades. 

Ademais, Begoña Abeijón subliñou a colaboración que ao longo dos anos mantén a Xunta con Faxpg e que se traduciu na posta en marcha de moitas ferramentas para as persoas xordas, como programas de logopedia, o fomento da aprendizaxe da lingua de signos tamén entre os máis pequenos ou actividades de envellecemento activo para persoas maiores xordas. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/11/2023