O lucense Eduardo Sampayo presentou na Casa de Galicia a súa exposición “Solaina”

Madrid, 8 de novembro de 2023

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na inauguración da exposición que leva por título “Solaina”, do artista Eduardo Sampayo (Lugo, 1973).

Trátase dunha exposición baseada no estilo artístico fundamentalmente abstracto, expresionista e formalista. Utiliza a pintura acrílica sobre diferentes texturas e superficies e a súa intención como pintor é provocar un impacto estético que transporte ao observador a espazos confortables máis aló das formas e as dimensións da pintura formal e representativa.

Con "Solaina", Sampayo pretende que o visitante se aproxime a ese balcón galego orientado ao sol convidándolle a mirar, a contemplar e dialogar cos xogos de luces, sombras e texturas que a vida, que a súa obra nos ofrece, converténdoo en “o voso lugar favorito”.

A exposición poderá visitarse na sala Camilo José Cela, da Casa de Galicia en Madrid, ata o vindeiro venres, 1 de decembro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/11/2023