O delegado territorial supervisa distintas actuacións no concello de Cenlle ás que a Xunta destina máis de 66.000 euros

O concello de Cenlle recibiu un vehículo de servicios múltiples a través dunha axuda de 29.000 euros do Fondo Adicional de Cooperación Local

Gabriel Alén lembrou as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Sadurnín que se desenvolveron cunha achega de máis de 26.000 euros ao abeiro da orde de infraestruturas de uso público; ou a mellora de ruta de sendeirismo do San Trocado na que a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes fixo unha achega de máis de 11.000 euros Fondo de Compensación Ambiental

O delegado territorial destacou a importancia da colaboración da Xunta cos concellos para que poidan levar a cabo actuacións necesarias para a veciñanza e que, en moitos casos, lles resultaría complicado afrontar e executar en solitario

Este tipo de axudas -concluíu Gabriel Alén- “contribúen a evitar o despoboamento, mellorar a calidade da prestación dos servizos públicos, prestar apoio ás familias con espazos de lecer infantil e fomentar a práctica deportiva de xeito seguro”
 

Ourense, 7 de novembro de 2023

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá, acompañado da alcaldesa, Rebeca Sotelo, o concello de Cenlle que recibiu un vehículo de servicios múltiples a través dunha axuda de 29.000 euros do Fondo Adicional de Cooperación Local da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

O delegado territorial sinalou que este tipo de vehículo é facilmente accesible en camiños rurais das 10 parroquias do municipio e serve tamén para intervencións en tarefas preventivas de protección ambiental e espazos naturais, intervencións e xestión de situación de risco ou sinistro, recollidas de mostras en casos de residuos e verteduras, actuacións relacionadas coa aplicación da Lei de prevención de incendios forestais e defensa contra os incendios forestais de Galicia nas faixas secundarias.

Gabriel Alén destacou a importancia da colaboración da Xunta cos concellos para que poidan levar a cabo actuacións necesarias para a veciñanza e que, en moitos casos, lles resultaría complicado afrontar e executar en solitario. Deste xeito, -recalcou o delegado territorial- o compromiso do Goberno galego co eido local e, especialmente, coa cidadanía dos concellos de menor poboación para garantir recursos públicos de calidade en todo o territorio.

Así, lembrou as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Sadurnín que se desenvolveron cunha achega de máis de 26.000 euros ao abeiro da orde de infraestruturas de uso público; ou a mellora de ruta de sendeirismo do San Trocado na que a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes fixo unha achega de máis de 11.000 euros Fondo de Compensación Ambiental.

As axudas

O delegado territorial destacou que Ourense é a provincia con maior número de concellos beneficiados (31) da Orde de infraestruturas de uso público, dotada con 3,5 millóns de euros que favoreceu neste ano a 104 entidades locais na mellora das súas instalacións para a prestación de servizos básicos, de lecer infantil e familiar, deportivos ou culturais.

Tamén o Fondo de Compensación Ambiental -recordou Gabriel Alén- facilitou, cun investimento superior aos 8,2 millóns de euros, actuacións de mellora da contorna natural en 93 concellos ao abeiro da liña competitiva e en 119 ao da liña non competitiva, dirixida a concellos nos que hai parques eólicos.

Na liña competitiva, a meirande parte dos concellos beneficiados son de Ourense, con 40 proxectos que suman un investimento dun millón de euros. Na Coruña houbo 19 concellos beneficiados, cun importe global de 522.000 euros, e en Lugo 18, con case 468.000 euros. En Pontevedra, 16 localidades distribúense máis de 478.000 euros.

Colaboración cos concellos do rural

O delegado territorial tamén se referiu ás distintas liñas do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local, onde a provincia de Ourense foi a que concentrou o maior número de achegas, con 59 concellos beneficiarios que se distribuíron case 4,6 millóns de euros. En total, 15,5 millóns de euros, aos que puideron acoller este ano a meirande parte dos concellos.

Destinado aos concellos de menos de 15.000 habitantes, o orzamento facilitou a mellora da eficiencia enerxética de edificios municipais en 71 localidades de toda Galicia con 8,5 millóns de euros de investimento, e das redes de abastecemento en 113 localidades, cun investimento de case cinco millóns de euros, así como a adquisición de maquinaria e equipamento en 73 localidades, con case dous millóns de investimento.

Este tipo de axudas -concluíu Gabriel Alén- “contribúen a evitar o despoboamento, mellorar a calidade da prestación dos servizos públicos, prestar apoio ás familias con espazos de lecer infantil e fomentar a práctica deportiva de xeito seguro”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/11/2023