A Xunta aplaude o labor de ASPAYM Galicia no apoio ás persoas con discapacidade e ás que sufren lesións medulares

A Coruña, 7 de novembro de 2023

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou hoxe a sede de Aspaym Galicia, onde destacou o traballo que desde fai máis de tres décadas leva a cabo esta entidade no ámbito do apoio ás persoas con lesións medulares e ás que teñen algún tipo de discapacidade física. Begoña Abeijón trasladou o apoio da Xunta ás actividades desta asociación, coa que ten un convenio de colaboración anual por máis de 55.000 euros.

Neste sentido, a directora xeral apuntou que o Executivo autonómico seguirá colaborando coas entidades sociais para mellorar os servizos e coidados no eido da atención á discapacidade. Así, lembrou que os novos orzamentos da Xunta para 2024 destinan máis de 170 millóns de euros a esta materia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/11/2023