A Xunta ten á disposición das familias da zona de Santiago 29 prazas publicas para a atención ao dano cerebral adquirido no centro de día Sarela II

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2023

A Xunta de Galicia pon Á disposición das persoas con Dano Cerebral Adquirido (DCA) e as súas familias 29 prazas públicas de atención especializadas a través do centro de día Sarela II en Santiago, ás que destina 421.000 euros ao ano. A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou esta mañá estas instalacións nas que os seus usuarios reciben os coidados e a rehabilitación que necesitan.

A directora xeral salientou o importante traballo que se realiza neste centro de día, tanto para potenciar a autonomía das persoas que acoden a el como no acompañamento e asesoramento aos seus familiares. Neste sentido, reiterou o compromiso do Goberno galego coa atención ás persoas con discapacidade e sinalou que os orzamentos da Xunta para 2024 destinan a este ámbito máis de 170 millóns de euros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/11/2023