A Xunta destaca na Festa da Castaña de Folgoso do Courel o seu compromiso co sector, con liñas estratéxicas coma a recuperación dos soutos

Folgoso do Courel (Lugo), 4 de novembro de 2023

A directora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, asistiu esta mañá á XXXIV Festa da Castaña do municipio lucense de Folgoso do Courel. Esta festa, de interese turístico, ofrece aos seus visitantes unha xornada dun tradicional magosto popular, con degustación de castañas asadas e de viño da zona, ademais doutras actividades.

 

A Xunta segue a traballar polo sector da castaña con diversas iniciativas, entre as que destaca o plan piloto de Galicia sobre as agrupacións de xestión conxunta como ferramenta de recuperación de soutos, que se atopa realizando as primeiras actuacións coa definición das áreas prioritarias de traballo e xestionando os procesos administrativos precisos para a súa creación.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/11/2023