A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade asiste ao magosto popular do concello ourensán de Porqueira

Porqueira (Ourense), 4 de novembro de 2023

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, asistiu hoxe ao magosto popular organizado polo Concello de Porqueira, en Ourense, compartindo coa veciñanza un xantar nunha xornada na que as castañas son as grandes protagonistas.

Lembrando que o progreso de Galicia foi sempre froito da cooperación e do traballo colaborativo, especialmente no rural da Comunidade, a conselleira puxo en valor que esta cita siga implicando ás veciñas e veciños de Porqueira e celebrándose ano a ano. Tamén que saiba combinar a tradición deste tipo de eventos coa conciliación, ao garantirse un espazo de lecer para o desfrute dos máis cativos.  

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/11/2023