O Salón Teatro de Santiago acolle esta fin de semana a fase final do programa Xuventude Crea

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2023

O Salón Teatro acolleu esta fin de semana a fase final do programa Xuventude Crea da Xunta de Galicia nesta especialidade, á que chegaron seis grupos: Teatro D’o Carón, coa obra Ao fin, Hamlet; Erantes con Tres mistos; Ca(de)las, coa representación Eréndira é Aríndere; Sarabia Teatro con Diario dun tolo; Transparentes, coa obra Transparentar e As Guapilongas con Prázdno.

O número de obras que se presentaron a esta especialidade foron 12. Na edición deste ano, por primeira vez, a Xunta ofrecerá aos grupos gañadores a posibilidade de formación e mentorizaxe para poñer en marcha unha compañía teatral e axudalos así nos inicios das súas carreiras profesionais.

Data de actualización: 05/11/2023