A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade asiste á XXVIII Festa da castaña e do cogomelo para enxalzar a potencialidade destes produtos

Riós (Ourense), 5 de novembro de 2023

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou hoxe a feira celebrada no Concello de Riós con motivo da XXVIII edición da Festa da castaña e do cogomelo, declarada de interese turístico galego.

Durante o seu percorrido polos postos da feira, Rivo puido coñecer produtos típicos da comarca de Verín, na que se incardina este concello, como castañas en fresco ou en conserva, cogomelos, artesanías e outros froitos propios do outono. A Xunta de Galicia está a apoiar a identificación, vixilancia e xestión activa dos soutos tradicionais de castiñeiros e a impulsar a calidade da castaña, un recurso natural de gran relevancia e potencial para o sector agroalimentario galego.

Data de actualización: 05/11/2023