A Xunta saúda os avances da Universidade de Santiago para actuar ante as agresións sexuais no ámbito dos seus campus compostelán e lucense

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2023

A secretaria xeral da igualdade, Sandra Vázquez, asistiu esta tarde á xornada organizada pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) para debater sobre o Borrador de protocolo de actuación en supostos de agresións sexuais no ámbito dos seus campus compostelán e lucense.

Redactado pola xuíza Ana López-Suevos Fraguela, a doutoranda Carla Romero e a profesora Sonia Esperanza Rodríguez, este borrador enmárcase no proxecto Os delitos contra a liberdade sexual no ámbito da USC, dentro da colaboración que establece o convenio asinado entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Universidade de Santiago de Compostela.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/11/2023