A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Mougás, no concello de Oia

Estes traballos desenvólvense ao longo de preto de 1 km, no percorrido do río polos lugares de Bragadela, A Granxa e O Porto, na parroquia de Santa Uxía de Mougás
 

As tarefas céntranse na roza selectiva puntual e selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas para evitar atoamentos
 

Augas de Galicia continúa a traballar na mellora dos leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos
 

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2023

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do río Mougás, no concello de Oia. 

Os traballos están a desenvolverse nunha lonxitude de preto de 1 quilómetro do río, no seu percorrido polos lugares de Bragadela, A Granxa e O Porto, na parroquia de Santa Uxía de Mougás. 

As tarefas céntranse na roza puntual e selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.  

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa e nas zonas de acceso e protección, de competencia autonómica. 

Estas intervencións da Xunta contribúen á mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais dos ecosistemas que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna dos ríos.  

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/11/2023