A Xunta apoia a ‘X Subida a Taboada’, puntuable para o Campionato galego de rallys de montaña

Taboada (Lugo), 1 de novembro de 2023

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da X Subida a Taboada, que organiza a Escudería Taboada e conta co apoio da Xunta de Galicia. A proba, nada no 1998, deixou de celebrarse durante 17 anos e volverá con forza esta fin de semana formando parte do calendario do Campionato galego de rallys de montaña.

A competición automobilística comezará o sábado 4 de novembro, sobre as 16,00 horas, con tres pasadas de adestramento cronometradas nas que os pilotos probarán os seus vehículos e comprobarán o estado do trazado, que discorre ao longo de 2,7 quilómetros da estrada autonómica LU-611 entre Taboada e Rubián.

O domingo pola mañá, a partir das 09,00 horas, disputaranse as carreiras oficiais, tamén con tres pasadas para cada participante, e xa pola tarde entregaranse os trofeos aos gañadores.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/11/2023