O 061 de Galicia asistiu 75 persoas por 61 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 27 de outubro ata as 23,59 horas do domingo, 29 de outubro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 87 chamadas por accidentes de tráfico

A Estrada (Pontevedra), 30 de outubro de 2023

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 75 persoas debido a 61 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 27 de outubro, ata as 23,59 horas do domingo, 29 de outubro. O domingo foi o día que rexistrou máis sinistros, con 24 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 87 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 61 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 75 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 54% e do 46% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 38% dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou con 26 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

 
Provincia
Accidentes
A Coruña
19
Lugo
6
Ourense
10
Pontevedra
26
Galicia
61
 

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 75. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en sete accidentes, o helicóptero medicalizado mobilizouse en dous ocasións, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 60 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes.

En 64 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en  11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/10/2023