A Xunta destaca o papel da Lei de Recuperación da Terra Agraria no XVI Congreso Sgapeio

A Coruña, 27 de outubro de 2023
 
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, participou esta mañá na mesa redonda Galicia vaciada do XVI Congreso da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións. Alí, Santé puido poñer de relevo o labor desenvolvido pola Axencia a través de distintas liñas de actuación como os programas LEADER ou as axudas PDR ou PEPAC, postas en marcha pola Consellería do Medio Rural.

Durante a súa intervención, a directora xeral destacou a Lei de recuperación da terra agraria, con figuras como as aldeas modelo e os polígonos agroforestais, como unha norma útil para xestionar a ordenación do territorio e mobilizar as terras de boa aptitude agropecuaria que se atopan en estado de infrautilización.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/10/2023