A delegada da Xunta recibe á directiva da Asociación de Construtores de Pontevedra

Vigo, 27 de outubro de 2023

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo e presidenta do Consorico Casco Vello, Ana Ortiz, mantivo este venres unha xuntanza de traballo con Miguel Caruncho, presidente da Asociación de Construtores de Pontevedra, e con Javier Carballeda, secretario do colectivo, que explicaron tanto á representante autonómica como ao xefe territorial de Promoción de Emprego, José Antonio Fachado, as actividades que teñen proxectadas de forma inminente para cursos de formación aos traballadores do sector.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/10/2023