O Sergas publica as puntuacións provisionais da fase de oposición para o ingreso na categoría de enfermería e diversas clases de persoal funcionario sanitario de saúde pública e administración sanitaria

Ofértanse un total de 1.556 prazas na categoría de enfermería e 96 en diversas clases de persoal funcionario da escala de saúde pública

Na categoría de Enfermería (persoal estatutario) presentáronse un total de 8.701 aspirantes, aprobando a fase de oposición 8.416 persoas

Pola súa banda, no que atinxe ás clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989), presentáronse un total de 885 aspirantes, resultando aprobadas 347 persoas

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2023

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, o modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e as puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de Enfermería e en diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989 do 23 de outubro): persoal farmacéutico inspector de saúde pública, inspector farmacéutico, inspector médico; persoal licenciado en: ciencias biolóxicas; en ciencias químicas; farmacia, medicina e cirurxía, en psicoloxía; ATS/DUE e persoal subinspector sanitario.

Neste proceso cubriranse con persoal fixo un total de 1.556 prazas na categoría de persoal de Enfermería e 96 en diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro).

Esta últimas distribúense en: 18 para a clase de persoal farmacéutico inspector de saúde pública, 5 de inspector farmacéutico, 20 de inspector médico, 3 de licenciado en ciencias biolóxicas, 5 para licenciados en ciencias químicas, 6 de persoal licenciado en farmacia, 19 para licenciados en medicina e cirurxía, 2 para licenciados en psicoloxía, 12 para ATS/DUE e 6 de persoal subinspector sanitario.

Na categoría de Enfermería (persoal estatutario) presentáronse un total de 8.701 persoas aspirantes, das cales aprobaron a fase de oposición 8.416 persoas.

Saúde Publica e administración sanitaria

Por outra banda, nas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro), presentáronse un total de 885 aspirantes dos cales resultaron aprobados 347.

Na táboa seguinte se recolle o número de aspirantes aprobados por clase:

 
CLASE
Nº aspirantes aprobados
TOTAL aspirantes presentados/as
CLASE DE ATS/DUE
104
162

CLASE DE FARMACÉUTICO/A INSPECTOR/A DE SAÚDE PÚBLICA

80
190
CLASE DE INSPECTOR/A FARMACÉUTICO/A
7
113
CLASE DE INSPECTOR/A MÉDICO/A
15
44
CLASE DE SUBINSPECTOR/A SANITARIO/A
6
81
LICENCIADO/A EN CIENCIAS BIOLÓXICAS
6
35
LICENCIADO/A EN CIENCIAS QUÍMICAS
13
49
LICENCIADO/A EN FARMACIA
69
138
LICENCIADO/A EN MEDICINA E CIRURXÍA
43
48
LICENCIADO/A EN PSICOLOXÍA
4
25
Total Resultado
347
885

Queda por desenvolver a fase de concurso que concluirá coa determinación dos aspirantes seleccionados tras sumar as puntuacións da fase de oposición e da fase de concurso.

O modelo definitivo de respostas, con indicación das preguntas anuladas polos tribunais e o seu motivo de anulación, así como as puntuacións provisionais obtidas polos aspirantes presentados aos distintos exercicios da fase de oposición atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

As resolucións abren un prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación, para que as persoas interesadas poidan presentar reclamación ante o respectivo tribunal de selección, unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida.

As reclamacións deberán presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberán dirixirse á sede do tribunal para os efectos de comunicacións, situada na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

Habilitouse un enderezo de correo electrónico no que os/as aspirantes poderán dirixir as súas dúbidas ou consultas: oposiciones@sergas.es. Estas consultas non terán a consideración de reclamacións.

Próximas actuacións

Rematados os prazos de reclamación previstos en cada unha das resolucións, publicaranse no Diario Oficial de Galicia as puntuacións definitivas dos distintos exercicios e o acordo de finalización da fase de oposición.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/10/2023