A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza do dominio público hidráulico no Lago Meirama, no concello de Cerceda

As tarefas están a desenvolverse na parroquia das Encrobas, na zona da praia e no aliviadoiro do lago cara ao río Barcés

Augas de Galicia continúa a traballar na mellora dos leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2023

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de iniciar as actuación de conservación e limpeza do dominio público hidráulico no lago Meirama, no Concello de Cerceda.

Os traballos están a desenvolverse na parroquia das Encrobas, na praia lago de Meirama e no aliviadoiro do lago, na contorna do río cara ao río do o treito interurbano do río Barcés.

As tarefas céntranse na roza de vexetación da área da praia e na roza selectiva na contorna do aliviadoiro para evitar atoamentos.

Unha vez finalizadas estas actuacións, a zona quedará despexada de maleza, posibilitando así a circulación fluída das augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, e nas súas zonas de acceso e protección.

Estas intervencións da Xunta contribúen á mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais dos ecosistemas que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social do dominio público hidráulico.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/10/2023