O presidente da Xunta asiste á celebración do 170 aniversario do Faro de Vigo

Rueda destaca o papel dos medios de comunicación coma referentes da verdade para loitar contra a desinformación

Vigo, 26 de outubro de 2023

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o papel que xogan os medios de comunicación como referentes da verdade e da loita contra a desinformación nun mundo cada máis globalizado. Así o destacou no acto do 170 aniversario do xornal Faro de Vigo, no que estivo acompañado do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deporte, Diego Calvo, e dos conselleiros de Sanidade e do Medio Rural, Julio García Comesaña e José González.

Rueda destacou o entusiasmo e o bo desempeño profesional de todo o equipo que forma o Faro de Vigo e que permite establecer unha consolidada relación entre os lectores e o xornal. O titular da Xunta incidiu no valor do medio de comunicación como representación da identidade dun pobo e exemplo da historia e patrimonio da cultura galega.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/10/2023