Trenor clausura o III encontro GaliForum organizado pola asociación Cambre Empresarial e a Federación de Autónomos de Galicia

O delegado da Xunta puxo en valor medidas que porá en marcha o Goberno galego para apoiar a este colectivo como a cota cero para os autónomos durante o seu primeiro ano de actividade

Bergondo (A Coruña), 26 de outubro de 2023 O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou, esta tarde, na clausura das xornadas III GaliForum , organizadas pola asociación Cambre Empresarial e pola Federación de Autónomos de Galicia, nas que se analizou a situación económica actual.

Na súa intervención destacou que "a máxima preocupación da Xunta de Galicia é acompañar á sociedade nunha senda de progreso na que todos avancemos e ninguén quede atrás”. Neste senso, subliñou que nos momentos máis complicados é cando as administracións teñen a obrigación de saír ao quite e de demostrar a súa utilidade. “Medidas como a de cota cero, a partir do 2024, para os novos autónomos, para autónomos, que se dean de alta entre o 30 de setembro de 2023 e o 30 de setembro de 2024 durante o seu primeiro ano de actividade é o camiño a seguir para impulsar o emprendemento”, recalcou

O representante do Goberno galego rematou lembrando que “para apoiar a este sector traballamos en todas as frontes” e subliñou que “o Goberno autonómico contribúe a seguir convertendo a Galicia nunha terra cada vez máis atractiva para emprender”. Neste senso, salientou a importancia para a economía galega do papel dos autónomos, xa que Galicia é a comunidade autónoma con maior porcentaxe de autónomos de toda España, 20 %, fronte ao 16 % da media, o que ten un efecto positivo na economía da comunidade.  

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/10/2023