A Xunta destaca o compromiso social da fundación La Caixa, que destina 1,5 M€ a proxectos de entidades sociais de Galicia

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2023

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, destacou hoxe o compromiso da ‘Fundación la Caixa’ coas persoas que máis necesitan de apoio para seguir adiante. Díxoo no acto de clausura da nova convocatoria de proxectos sociais desta fundación, a través da que destina 1,5 millóns de euros a mais de 60 proxectos de entidades sociais de Galicia.

Arturo Parrado sinalou que co financiamento destes proxectos colaborase a dar resposta a novas necesidades sociais, promóvese a igualdade de oportunidades e a mellora da calidade de vida das persoas en situación ou risco de exclusión. As iniciativas seleccionadas nesta nova edición da convocatoria de ‘La Caixa’ abranguen sete ámbitos de actuación: pobreza e inclusión social, persoas con discapacidade ou trastorno mental, inserción sociolaboral, saúde e enfermidade, persoas maiores, acción social, e convivencia e interculturalidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/10/2023