A Xunta aposta por uns centros sociosanitarios máis centrados na persoa e na sensación de fogar

Pamplona (Navarra), 25 de outubro de 2023

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou esta mañá na III Xornada ‘Diseño Inclusivo para las nuevas longuevidades’ que ten lugar na escola técnica superior de arquitectura da Universidade de Navarra. Durante a súa intervención, o director xeral apostou pola creación de centros sociosanitarios máis centrados na persoa e que ofrezan sensación de fogar.

 

Así mesmo, Acevedo explicou as medidas impulsadas polo Goberno galego para mellorar a atención nestes centros por medio dun novo modelo de coidados cuxos piares fundamentais son: o uso da tecnoloxía, unha maior coordinación sociosanitaria e a creación de espazos máis privados e familiares. Un novo modelo que procura actualizar o sistema residencial galego e adaptalo ás necesidades do século XXI.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/10/2023