Martina Aneiros aborda coa Xunta de Goberno do Colexio de avogados de Ferrol as principais demandas vinculadas ao exercicio da profesión

Ferrol, 25 de outubro de 2023

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co decano do Colexio de Avogados de Ferrol, Luís Torres Foira, e demais membros da xunta de goberno, coa fin de abordar as principais demandas e necesidades vinculadas ao desempeño da súa actividade profesional.

Así, co obxecto de darlle traslado ao organismo competente, manifestáronlle á responsable do Goberno galego reclamacións en relación co exercicio da profesión, a quenda de oficio e a mutualidade da avogacía. Ademais reiteráronlle a solicitude dun xulgado específico para a violencia de xénero na cidade, demanda que tamén foi exposta polo alcalde, José Manuel Rey Varela, ao Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante a reunión mantida a semana pasada na Delegación Territorial de Ferrol.

Data de actualización: 25/10/2023