A Xunta aplaude o traballo do centro de día para atención a adolescentes Alborada de Vigo

Vigo, 24 de outubro de 2023

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, destacou hoxe o traballo que levan a cabo os profesionais do centro de día para atención a adolescentes Alborada, que conta con prazas financiadas pola Xunta de Galicia.

Nunha visita ás instalacións, xunto con persoal do centro e da directiva de Aclad-Alborada, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia de seguir traballando na prevención e identificación de situacións de desprotección e conflito que afectan a nenos e adolescentes. Así mesmo, dixo que o obxectivo dos recursos e programas do sistema autonómico de protección da infancia e da adolescencia diríxense a conseguir o pleno desenvolvemento persoal e social dos menores.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/10/2023