Galicia pechou o mes de agosto como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas

O período medio de pago de Galicia foi de 11,67 días, 19 días por debaixo da media autonómica, que foi de 30,44 días

Santiago de Compostela, 23 outubro de 2023 Galicia pechou o mes de agosto como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas, só por detrás de Estremadura, segundo os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Hacienda y Función Pública.

Así, o período medio de pago rexistrado por Galicia foi de 11,67 días, case 19 días inferior ao da media de comunidades autónomas, que foi de 30,44. Ademais, tamén se situou 18 días por debaixo do límite de 30 que establece a normativa estatal.

En canto á débeda comercial, a ratio débeda/PIB de Galicia situouse ao peche do primeiro semestre no 0,11 %, por debaixo da media autonómica, que foi do 0,31 %. A débeda comercial do conxunto de comunidades era de 4.584 millóns de euros, dos que 82 millóns – o 1,7 %- corresponden a Galicia.

Os datos publicados hoxe volven ratificar que a Comunidade Autónoma está entre as que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.

Período Medio de Pago – Agosto de 2023 (*CCAA réxime foral)

Extremadura
10,91
 

TOTAL CC.AA

30,44
Galicia
11,67
Navarra*
31,56
Cantabria
17,28
Comunidad Valenciana
31,72
Andalucía
23,83
Aragón
33,64
Pais Vasco*
25,59
Madrid
35,23
Canarias
25,72
Cataluña
36,11
Castilla y León
26,13
Murcia
36,29
La Rioja
27,80
Baleares
37,36
Castilla-La Mancha
29,78
Asturias
38,47
Data de actualización: 23/10/2023