Alfonso Villares enxalza a labor desinteresada e solidaria das asociacións veciñais na XXI edición do Día do Veciño en Lugo

Lugo, 22 de outubro de 2023

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou hoxe na XXI edición do Día do Veciño organizado pola Federación de Asociacións de Veciños de Lugo ‘Lucus Augusti’. O titular de Mar achegouse ao evento xunto co delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, e manifestou a importancia do traballo solidario e desinteresado que levan a cabo os colectivos veciñais a prol do interese xeral apoiando e incentivando a cultura, o deporte, e o asociacionismo. Tamén felicitou á organización por promover este acto multitudinario que reúne a más de 300 entidades veciñais e no que participan milleiros de persoas de toda a provincia.

Na celebración realizouse a entrega dos premios V de Veciño Exemplar que recoñece a labor no ámbito da dinamización e promoción da comarca e a súa provincia, os valores persoais, éticos e cívicos así como a persoas destacadas que serven de referencia e inspiración á cidadanía. Os galardoados nesta edición foron a alcaldesa de Cervo, Dolores García; o alcalde de Ribadeo, Daniel Vega; Manuel Rodríguez da asociación de veciños (AA.VV.) Os Seis Muíños-Lamas; Ramón Arias da AA.VV. Santa Cristina de San Román, Carlos Vázquez da AA.VV. San Andrés de Castro-Conturiz; e Jesús Yáñez da AA.VV. da Milagrosa. A Xunta de Galicia patrocinou o concerto do grupo vigués A Roda e colaborou co menú da festa proporcionando os queixos galegos con denominación de orixe.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 22/10/2023