A Xunta leva a campaña de ‘GALICIA SAME AMAR’ a Rábade na que se enxalza a saúde e a calidade de vida que están detrás do consumo dos produtos do mar

Rábade (Lugo), 22 de outubro de 2023

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou hoxe a foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR que se achegou ao concello lugués de Rábade, onde enxalzou os produtos das rías galegas e instou a que sexan parte dunha dieta saudable e equilibrada que elevará a calidade de vida dos seus consumidores. O titular de Mar, acompañado pola alcaldesa da localidade, Remedios González, sinalou o apoio da Xunta de Galicia á promoción dos produtos pesqueiros galegos e a por en valor as súas propiedades nutricionais e gastronómicas para incentivar o seu consumo.

Alfonso Villares destacou o éxito dunha campaña que xa chegou a máis de 270.000 persoas e que superou o milleiro de degustacións dos seus petiscos. Tamén sinalou que con este concello xa son 38 os municipios lucenses participantes nesta acción de promoción da excelente calidade dos recursos pesqueiros galegos. Está previsto que ao longo deste mes se achegue tamén a outros concellos do interior como os de Paradela, Trabada, Becerreá, O Páramo, Quiroga, Lourenzá e O Incio, unha ruta que lle permitirá culminará outubro alcanzando o 70% dos municipios da provincia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/10/2023