A Xunta pon en valor a plantación de árbores nunha xornada de voluntariado

Boqueixón (A Coruña), 22 de outubro de 2023

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, acompañado do alcalde do Concello de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, participou esta mañá nunha xornada de voluntariado de reforestación organizada polo Decathlon de Santiago de Compostela no Pico Sacro. No acto tamén colaboraron a Sociedade Cooperativa Ribeiran, a Asociación Medioambiental Amabul e o Concello.

Alí, plantáronse 26 sobreiras, 12 aciñeiras e 12 bidueiros , un total de 50 árbores facilitadas pola Xunta de Galicia. Tal e como indicou o director xeral, o Goberno galego busca apoiar este tipo de iniciativas, centradas na posta en valor dos montes galegos e en ensinarlle aos máis pequenos a súa importancia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/10/2023