A delegada da Xunta acompaña a seis matrimonios de Coruxo na celebración das súas vodas de ouro

Vigo, 22 de outubro de 2023

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, acompañou este domingo na celebración das súas vodas de ouro a Áurea García Vila e José Fernández Pérez, María Eulalia Guillarei Lorenzo e Andrés López Guisande, María del Pilar Fernández Díaz e Raimundo Lago Otero, Eduarda Alonso Alonso e José Antonio Blanco Alonso, María de los Ángeles Jalda Pena e Jesús Castiñeira Villalón, e Ana Juliana Pena e José Costas González.

Ana Ortiz acudiu ao festexo co que a Asociación de Xubilados e Pensionistas Avoa homenaxea a estes matrimonios da parroquia viguesa de Coruxo polos seus 50 anos xuntos e tivo oportunidade de entregarlles uns agasallos en nome da Xunta. O acto estivo amenizado pola mezzosoprano Nuria Lorenzo e o pianista Jesús Moarés.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/10/2023