Diego Calvo participou na carreira Enki-2023 para promover a inclusión no deporte das persoas con diversidade funcional

A Coruña, 21 de outubro de 2023

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou esta tarde na Coruña na Carreira Enki-2023, coincidindo co seu décimo aniversario.

Ademais da carreira de obstáculos adaptados, o evento reuniu a entidades sociais en actividades complementarias para sensibilizar e concienciar á cidadanía sobre a importancia da inclusión social de persoas con diversidade funcional.

Nesta liña, a Xunta pon en valor o traballo da Fundación ENKI e o seu compromiso de destinar todas as aportacións recadadas coas inscricións a proxectos que promovan este obxectivo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/10/2023