A Xunta ve na Coruña o corazón do sector TIC en Galicia

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, asistiu á XXVII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información

A Coruña, 20 de outubro de 2023

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, asistiu hoxe na Coruña á XXVII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, na que destacou que esta cidade vai ser o corazón TIC en Galicia grazas a exercer como sede da Cidade das TIC ou da Aesia.

Lorenzana felicitou aos premiados desta edición, destacando o papel da Universidade da Coruña no impulso de importantes proxectos no eido das tecnoloxías da información e da comunicación. Ademais, sumouse á aposta por unha enerxía intelixente que garanta un modelo máis sustentable e accesible en custos, un obxectivo no que deben traballar coordinados tanto a Administración como o ecosistema TIC.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/10/2023