A Xunta renovará as fiestras e portas do CEIP plurilingüe Montemogos de Bueu, por un importe de 300.000 euros

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, destacou as importantes inversións que está a levar a cabo a consellería de Educación na provincia

O Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica prevé que no ano 2024 se teñan investido na comarca e área de influencia de Pontevedra máis de 8.4 millóns de euros

 

Bueu, 19 de outubro de 2023 O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o CEIP Plurilingüe Montemogos de Bueu, onde a Xunta levará a cabo unha importante obra de substitución de fiestras e carpintería que terá unha duración aproximada de un mes.

A obra, que conta cunha inversión de preto de 300.000 euros, mellorará substancialmente a comodidade do profesorado e do alumnado, que contará cunhas aulas máis illadas e renovadas. Espérase ademais que mellore a eficiencia enerxética do centro, o que a medio prazo permitirá diminuír o consumo eléctrico e os gastos de funcionamento do CEIP.

Así, a actuación substitui as ventás exteriores por unhas novas con cámara de aire deshidratado de 14 mm e un vidro laminado acústico de seguridade. Ademais, cambiaránse as portas exteriores por carpinterías de aluminio con rotura de ponte térmico e vidro dobre de seguridade.

Cabe destacar que esta obra encádrase dentro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica da Xunta 2021-2024 que neste período contempla unha inversión total en toda a provincia que supera os 48 millóns de euros. Na Comarca e área de influencia de Pontevedra as inversións superan os 8.4 millóns de euros, tendo en conta as grandes obras rematadas, en execución, en licitación ou para próxima licitación.

Durante a visita, o delegado territorial lembrou que a educación é unha prioridade para a Xunta e destacou as grandes inversións que a consellería de educación realizou este verán na provincia de Pontevedra. En concreto, asegurou que as obras que se realizarán no CEIP Plurilingüe Montemogos son “un avance necesario para que todos os que cada día veñen a este centro poidan desenvolver desenvolver todo o seu potencial dunha forma amable e cómoda”.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/10/2023