O delegado territorial asiste á clausura da xornada de Cogave do programa ‘Xuntos contra a Violencia de Xénero. Por unha sociedade que camiña libre, cara adiante, equitativa e sen violencia’, en Ceboliño
2023-10-18
/documents/35297/43438/181023+Clausura+a+Xornada+de+Covage.+O+Cebolino+1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 18 de outubro de 2023
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asistiu este serán á clausura da Xornada de Cogave do programa Xuntos contra a Violencia de Xénero. Por unha sociedade que camiña libre, cara adiante, equitativa e sen violencia, que se levou a cabo no local da Asociación Veciñal Bon Xesús de Ceboliño.
Este programa enmárcase nun convenio asinado entre a Confederación Galega de Asociacións Veciñais Rosalía de Castro - CoGaVe e a Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, para desenvolver e executar en toda Galicia un proxecto divulgativo de prevención e sensibilización sobre a lacra social que é a violencia de xénero.
Data de actualización: 18/10/2023