Xunta e AEMOS manteñen unha xuntanza para avanzar en iniciativas para a empregabilidade de persoas con dificultades para a inserción laboral

Mos (Pontevedra), 17 de outubro de 2023

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, mantivo hoxe unha xuntanza con representantes da Asociación de Empresarios de Mos (Aemos), para avanzar na colaboración entre a Xunta e esta entidade para a inserción laboral de persoas vulnerables, nomeadamente, vítimas da violencia de xénero.

A Administración autonómica colabora desde hai máis dunha década con Aemos no desenvolvemento de programas de emprego que inclúen o deseño e a realización de itinerarios laborais en empresas asociadas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/10/2023