A Xunta e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos reforzan a súa colaboración a prol do rural galego

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2023

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, reuniuse en San Caetano cunha delegación do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia encabezada polo seu decano, Pedro Calaza.

Na xuntanza avanzouse en posibles liñas de colaboración entre a Xunta e este órgano colexiado para facilitar a aplicación e desenvolvemento dos diferentes instrumentos contemplados na Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, tales como os polígonos agroforestais ou as aldeas modelo. Ademais, tamén se acordou potenciar o labor que realiza a Fundación Enxeñería Agronómica para o Desenvolvemento de Galicia, promovida por este colexio profesional.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/10/2023