A Xunta avalía con Viratec a importancia da cooperación para contribuír ao desenvolvemento sustentable da sociedade galega

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2023 A directora do Igape, Covadonga Toca, mantivo un encontro de traballo co equipo directivo de Viratec -Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular-. No encontro subliñouse a importancia da colaboración público-privada para contribuír ao desenvolvemento sustentable da sociedade galega e a preservación do seu medio ambiente, baixo os principios da economía circular. Esta cooperación coa Administración e entre empresas xera sinerxías entre distintas áreas de coñecemento, promove a I+D+i, mellora a formación e crea oportunidades de internacionalización.

Na reunión, os responsables de Viratec avanzaron as últimas cifras de entidades asociadas, máis de 80 e que en conxunto superan os 2.000 millóns de euros de cifra de negocios, e tamén deron conta dos diferentes proxectos nos que están a traballar en materia de tecnoloxías ambientais e economía circular.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/10/2023