A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe
Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2023
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe.
PROVINCIA | CONCELLO | PARROQUIA DE INICIO | SITUACIÓN (1) | MEDIOS (2) | SUPERFICIE (HA) (3) | OBSERVS. |
LUGO | TRABADA | Trabada | EST (13,16 h. de hoxe) | 8 TEC, 65 AX, 92 BR, 61 MB, 3 PA, 5 UTA, 1 TR, 6 AV e 3 HE | Arredor de 1.200 | |
FOZ | Santo Acisclo do Valadouro e Santa Cilla do Valadouro | CONT (13,13 h. de hoxe) | 2 TEC, 23 AX, 19 BR, 18 MB, 1 PA e 1 HE | Arredor de 230, segundo as últimas estimacións | Son 4 lumes, próximos entre si |
(1) SITUACIÓN: Activo: ACT /Estabilizado: EST /Controlado: CONT /Extinguido: EXT/ Situación 2: SIT2
(2) MEDIOS MOBILIZADOS (acumulado): Tec: técnicos; Ax: axentes; Br: Brigadas; Mb: Motobombas; PA: Pas; He: Helicópteros; Av: Avións; UME: Unidade Militar de Emerxencias; UTA: Unidade Técnica de Apoio; TR: Tractor
(3) SUPERFICIE: As estimacións son sempre PROVISIONAIS, ata que se realice a medición da superficie final afectada.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.