A Xunta analiza co GALP Golfo Ártabro Sur e a confraría de Sada os últimos investimentos e as necesidades dos profesionais do mar na zona

Sada (A Coruña), 13 de outubro de 2023

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou hoxe a nave de redes e da lonxa de Sada para coñecer de primeira man o proxecto de modernización da iluminación destas instalacións pesqueiras co fin de promover o aforro enerxético e reducir o impacto ambiental. Unha iniciativa do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur á que se engade a colocación de panéis solares nos tellados da rula e accións para mellorar o local da confraría de pescadores sadense.

O titular de Mar, que estivo acompañado pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, e polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, destacou ante os responsables do pósito e do GALP a crecente aposta da Xunta de Galicia polo desenvolvemento local participativo que protagonizan na comunidade, dinamizando e diversificando a economía e a atención social das zonas costeiras. Esta nova xuntanza ven a reforzar a rolda de contactos periódicos da Consellería do Mar co sector para coñecer da man das confrarías e asociacións as necesidades dos profesionais que as integran e buscar solucións adaptadas a cada zona.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 13/10/2023