A Xunta destaca a calidade asistencial do centro de protección de menores María Inmaculada de Mañón

Mañón (A Coruña), 13 de outubro de 2023

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou esta mañá o centro de protección de menores María Inmaculada da parroquia do Barqueiro, en Mañón. Durante o encontro, destacou a calidade asistencial destas instalacións na protección da infancia.

O director xeral lembrou que Galicia conta cunha rede de protección á infancia que procura atender desde a prevención ata a actuación. Así mesmo, apuntou á importancia de colaborar con entidades sociais que demostran a súa profesionalidade e bo facer en ámbitos tan importantes como o da infancia.   

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/10/2023